Saturday 04 de May de 2024

O Concello de Lousame elixe o San Lourenzo e o San Marcos como festivos locais para 2023


O pleno aproba por unanimidade unha ordenanza fiscal de taxas sobre os dereitos de exame

O Concello de Lousame celebrou o pasado venres un pleno extraordinario, cuxa urxencia foi xustificada na necesidade de aprobar os festivos locais antes do 1 de setembro. Todos os concelleiros votaron a favor da urxencia do mesmo, ao igual que coincidiron neste voto positivo dos festivos locais para o 2023: o 25 de abril e o 10 de agosto, festividades de San Marcos e San Lourenzo.

O outro punto do día foi a posta en marcha dunha ordenanza fiscal de taxas sobre dereitos de exames. A alcaldesa, Teresa Villaverde, subliñou “a necesidade de aprobar esta ordenanza neste pleno porque sería necesario poder contar con ela este ano e o procedemento require dun tempo mínimo necesario. Para tela en 2022 é este o momento de levalo adiante”. Unha proposta que foi apoiada de forma unánime polo Pleno municipal.